Illa Mosquito
From Wikipedia, the free encyclopedia
Illa Mosquito (inglés Mosquito Island ou Moskito Island) é unha illa no arquipélago das Illas Virxes Británicas no Caribe pertencentes ao Reino Unido. Situada fronte á costa de Virgin Gorda é desde hai tempo a favorita para mergulladores e mariñeiros. Durante moitos anos, a illa foi a localización dun resort de mergullo chamado Drake's Anchorage. Sir Richard Branson mercou a illa en 2007 por 10 millóns de libras.[1]
Datos rápidos Situación, País ...
Illa Mosquito | |
---|---|
![]() Mapa de localización, Mosquito esta ao nordés de Virgen Gorda | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Illas Virxes |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 18°28′N 64°23′O |
Xeografía | |
Superficie | 0´5 km² |
Punto máis alto | 50 m. |
Demografía | |
Poboación | Non permanente |
Pechar
A illa está situada no lado oeste do seo de Gorda xunto a Virgin Gorda e preto de Illa Necker, que tamén é propiedade de Branson.
Barack Obama visitou a illa en febreiro de 2017 e alí aprendeu a facer kiteboard, pouco despois da súa retirada como presidente dos Estados Unidos.[2][3]