![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/Flag_of_the_British_Virgin_Islands.svg/langgl-640px-Flag_of_the_British_Virgin_Islands.svg.png&w=640&q=50)
Illas Virxes Británicas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Virxes Británicas (IVB)[1] oficialmente simplemente as Illas Virxes[2] son un Territorio Británico de Ultramar do Reino Unido no Caribe, que corresponde á metade oriental das Illas Virxes (as maiores son Tórtola, Virgin Gorda e Anegada). Ten fronteira marítima ao oeste coas Illas Virxes Americanas. Ao leste a Pasaxe Anegada sepáraas doutro territorio británico, Anguila. A súa capital é Road Town. As illas forman xeograficamente parte do arquipélago das Illas Virxes e están situadas nas Illas de Sotavento das Antillas Menores e parte das Indias Occidentais.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
British Virgin Islands (en) ![]() | |||||
Himno | God Save the King ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Vigilate» «Be Vigilant» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particular | territorio Británico de Ultramar ![]() | ||||
Capital | Road Town ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.369 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 151 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Primeiro-ministro das Ilhas Virgens Britânica (pt) ![]() ![]() | Andrew Fahie (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | House of Assembly of the British Virgin Islands (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Moeda | dólar estadounidense ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .vg ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +1284 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 999 ![]() | ||||
Código de país | VG ![]() | ||||
ISO 3166-2 | VG ![]() | ||||
Páxina web | bvi.gov.vg ![]() |
As Illas Virxes Británicas consisten nas illas principais de Tórtola, Virgin Gorda, Anegada e Jost Van Dyke, xunto con máis de 50 illas máis pequenas e caios.[3] Aproximadamente 16 das illas están habitadas.[4] A capital, Road Town, atópase en Tórtola, a illa máis grande, que ten uns 20 km. de longo e 5 km. de ancho. As illas tiñan unha poboación de 28.054 habitantes no censo de 2010, dos cales 23.491 vivían en Tórtola,[5] as estimacións actuais sitúan a poboación en 35.802 (xullo de 2018).[4]
Os insulares son cidadáns dos Territorios Británicos de Ultramar e, desde 2002, tamén son Cidadáns británicos.