Illa Aukena
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aukena é a 4ª illa máis grande das Illas Gambier na Polinesia francesa. Aukena atópase a medio camiño entre Mangareva e Akamaru, a 5 km ao sueste de Mangareva. Ten aproximadamente 2´5 km de longo e 0´5 km de ancho, cunha superficie total de 1´35 km².
Datos rápidos Aukena, Situación ...
Aukena | |
---|---|
Localización | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas Gambier |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 23°06′42″S 134°54′01″O |
Xeografía | |
Superficie | 1´35 km² |
Longura máxima | 2´5 |
Largura máxima | 0´5 |
Punto máis alto | 198 m. |
Demografía | |
Poboación | 40[1] (2012) |
Densidade | 30 hab./km² |
Pechar
Foi descuberta por James Wilson en 1797. Un pode ver os vestixios da época misioneira, incluída a igrexa de Saint Raphael construída en 1839. Por outra banda, Aukena é coñecida por ter unha das mellores praias de area branca de Polinesia. Actualmente, ao redor de cuarenta persoas viven na aldea de Aukena.