O óso ilio[1] ou simplemente ilio[2] (cientificamente: os ilium) é o óso que forma parte do esqueleto da cadeira, constituíndo a porción superior e posterior ensanchada do óso coxal. Durante a vida fetal é independente do resto dos ósos da cadeira. Trátase do óso máis grande da pelve, un de tres ósos que forman a cintura pélvica e liga a columna vertebral a cada extremidade inferior. O nome do óso provén do latín que significa «lombo» ou «costado».

Máis información Óso ilio, Latín ...
Óso ilio
Localización do ilio en relación coa pelve.
Cápsula do artellamento da cadeira . Cara posterior. Ilio (etiqueta na parte superior.)
Latín nos ilium;
[TA]: ilium;
[TA]: os iliacum;
os ilii
Gray's pág.236
Sistema Esquelético
Pechar

Descrición

O ilio é un óso largo e en forma de abano, que constitúe as seccións superior e lateral da pelve. É divisíbel en tres partes: o corpo —que é a parte central do óso—, a á e a crista.[3] A separación entre as dúas primeiras está indicada na superficie interna ou abdominal por unha liña curva, a arcuata e na cara externa que dá cara á perna está separada pola marxe do acetábulo. As ás esténdense a cada banda da espiña dorsal. A crista ilíaca é a porción superior e corre desde a espiña ilíaca superior até a espiña ilíaca anterior.[4]

Distribución

O ilio está presente na maioría dos vertebrados incluíndo os mamíferos e paxaros, pero non se atopa en peixes óseos. Todos os réptiles teñen un ilio agás as serpes, malia teren algunhas especies de cobras un pequeno óso que se considera ser o ilio.[5]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.