Igrexa de San Carlo alle Quattro Fontane
From Wikipedia, the free encyclopedia
A igrexa de San Carlo alle Quattro Fontane (en galego, San Carlos das catro fontes) é un lugar de culto católico en Roma, no distrito de Monti, que forma parte dun complexo de conventos trinitarios. Foi construída no século XVII por Francesco Borromini, e está considerada unha das obras mestras da arquitectura barroca.
Datos rápidos Igrexa de San Carlo alle Quatre Fontane San Carlino, Datos xerais ...
Igrexa de San Carlo alle Quatre Fontane San Carlino | |
---|---|
Fachada principal | |
Datos xerais | |
País | Italia |
Rexión | Roma |
Tipo | Igrexa |
Advocación | Carlos Borromeo |
Localización | Roma |
Coordenadas | 41°54′07″N 12°29′27″L |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Roma |
Arquitectura | |
Construción | Inicio 1634- Remate 1644 (última modificación en 1680) |
Arquitectos | Francesco Borromini |
Estilo | Barroco |
Páxina web | Páxina web oficial |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A igrexa está dedicada a Carlo Borromeo, arcebispo de Milán, pero é denominado cariñosamente polos romanos como San Carlino, debido ao seu pequeno tamaño, pois a súa área non ocupa máis ca o equivalente a un só dos catro piares sobre os que apoia a cúpula da basílica de San Pedro do Vaticano.[1]
Na igrexa consérvase a urna que contén o corpo da beata Elisabetta Canori Mora.[2]