Igrexa sui iuris católica de tradición bizantina From Wikipedia, the free encyclopedia
A Igrexa católica bizantina belarusa, ou Igrexa greco-católica belarusa (en belaruso: Беларуская грэка-каталіцкая царква, Bielaruskaja hreka-katalickaja carkva) é unha igrexa particular oriental da Igrexa católica. Actualmente a Igrexa non ten xerarquía propia, polo que depende da Congregación para as Igrexas Orientais e dos ordinarios latinos, e a atención das necesidades cotiás da mesma é responsabilidade do visitador apostólico para os greco-católicos belarusos, Siarhiej Hajek.
Igrexa greco-católica belarusa Беларуская грэка-каталіцкая царква (Bielaruskaja hreka-katalickaja carkva) | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 988 (Bautismo de Kíiv) 1595 (Unión de Brest) |
Motivo | Volta á comuñón coa Santa Sé da Igrexa rutena |
Separada de | Igrexa ortodoxa |
Parte de | Igrexa católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Papa | Francisco |
Prefecto para as Igrexas orientais | Leonardo Sandri |
Visitador apostólico | Siarhiej Hajek |
Estrutura | 18 parroquias en dous arciprestados |
Clasificación | |
Grupo | Catolicismo |
Orientación | Cristianismo oriental |
Demografía e cultura | |
Fieis | arredor de 3.000 en Belarús |
Países | Belarús e diáspora |
Linguas litúrxicas | Eslavo eclesiástico, belaruso |
Ritos litúrxicos | Bizantino |
Outros datos | |
Sede central | Minsk |
A Igrexa é unha das sucesoras da aceptación do cristianismo polo gran príncipe Vladimiro o Grande de Kíiv, en 988, e xunto coa Igrexa ucraína é herdeira da Unión de Brest de 1595.
O 1 de outubro de 2017 o arcebispo maior Sviatoslav celebrou a divina liturxia en Minsk, primeira vez que o metropolita de Kíiv-Galicia o facía no territorio de Belarús dende a abolición da Unión de Brest polas autoridades imperiais rusas en 1839.[1]
A Igrexa organízase en Belarús en dous protopresbiterados (equivalentes aos arciprestados latinos):
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.