Ignacio de Antioquía
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ignacio de Antioquía foi un bispo do século I, considerado santo e mártir, Patriarca de Antioquía e Padre Apostólico, patrón da Igrexa do Mediterráneo oriental e do norte de África; as súas reliquias atópanse na Basílica de San Clemente, en Roma.
Nome orixinal | (el) Ιγνάτιος ο Θεοφόρος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 35 Siria, Roma Antiga |
Morte | 108 (72/73 anos) Roma |
Causa da morte | pena de morte |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
Bispo | |
69 – 107 ← Evodio de Antioquía – Herodião de Antioquia (pt) → | |
Patriarca de Antioquía | |
Datos persoais | |
Outros nomes | svatý Ignác Bohonosec svatý Theophoros |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | teólogo , presbítero |
Período de tempo | Imperio Romano |
Profesores | Xoán o Evanxelista |
Lingua | Grego antigo |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 20 de decembro Igrexa ortodoxa 28 de febreiro Igrexa católica |
Naceu au redor do ano 35 d.C. supostamente en Antioquía, e finou entre o 98 e o 107 d.C.[1] en Roma.
Ignacio foi bispo de Antioquía de Siria (hoxe en Turquía) entre 68 e 100[2] ou 107[3], discípulo do apóstolo Xoán, tamén coñeceu a San Paulo e foi sucesor de San Pedro na igrexa en Antioquía fundada polo propio apóstolo. Segundo Eusebio de Cesarea,[4] Ignacio foi o terceiro bispo de Antioquía de Siria e segundo Oríxenes sería o segundo bispo[5] da cidade. Santo Ignacio foi detido polas autoridades e levado a Roma, onde foi condenado a morte no Coliseo, e foi martirizado por leóns.