Ibuprofeno
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ibuprofeno é un antiinflamatorio non esteroideo (AINE), utilizado frecuentemente como antipirético, analxésico e antiinflamatorio.
Datos rápidos Datos clínicos, Código ATC ...
Ibuprofeno | |
---|---|
Fórmula estrutural | |
Modelo de bólas | |
Datos clínicos | |
Código ATC |
|
Datos farmacocinéticos | |
Biodispoñibilidade | 49–73% |
Unión a proteína plasmática | 99% |
Metabolismo | Hepático (CYP2C9) |
Semivida | 1,8–2 horas |
Excreción | Renal |
Identificadores | |
| |
Número CAS | |
Datos químicos e físicos | |
Fórmula | C13H18O2 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pechar
Utiliízase para o alivio sintomático da febre, dor de cabeza (cefalea), dor dental (odontalxia), dor muscular (mialxia), molestias da menstruación (dismenorrea), dor neurolóxica de carácter leve ou moderada e dor poscirúrxica. Tamén se usa para tratar cadros inflamatorios, como os que se presentan en artrite, artrite reumatoide, inchazón muscular, dor de garganta e artrite gotosa.
Ás veces úsase tamén para tratar a acne, debido ás súas propiedades antiinflamatorias,[1] e foi utilizado en Xapón en forma tópica para a acne de adultos.[2]