From Wikipedia, the free encyclopedia
As mialxias[1] ou dores musculares consisten en dores ou molestias que poden afectar a un ou varios músculos do corpo. Tamén poden estar implicados ligamentos, tendóns e fascias. As causas son moi variadas. As principais inclúen sobrecarga, tensión ou lesións musculares por exercicios ou traballos físicos intensos. Así mesmo, a dor muscular pode ser un síntoma de certas doenzas que afectan a todo o corpo, entre as cales destaca a fibromialxia.[2]
Mialxia (nome de síntoma) | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
DiseasesDB | 22895 |
MedlinePlus | 003178 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As causas máis frecuentes de mialxia son o sobreesforzo muscular, especialmente cando se realizan contraccións moi rápidas sen quecemento previo ou moi repetitivas, e as lesións ou os traumatismos sobre os músculos, incluíndo escordaduras e distensións.[2] A tensión tamén pode ocasionar dor muscular.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.