Hélice (xeometría)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A hélice (do grego έλικας/έλιξ,hélix, espiral), é unha curva que se pode explicar como o enrolamento regular dunha recta sobre un cilindro, tendo polo tanto forma de parafuso ou espiral (máis correctamente, helicoidal).
En matemática, a hélice é descrita como unha curva no espazo tridimensional que combina un movemento de rotación arredor dun punto cun movemento de translación deste punto. As tres ecuacións a seguir definen unha hélice en coordenadas rectangulares:
En coordenadas cilíndricas (r, θ, h), a mesma hélice é descrita por:
As hélices son importantes na bioloxía, onde o ácido desoxirribonucleico está constituído por cadeas helicoidais e moitas proteínas posúen subestruturas helicoidais, coñecidas como alfa-hélices.