![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Plutonian_system.jpg/640px-Plutonian_system.jpg&w=640&q=50)
Hydra (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hydra é un satélite natural de Plutón, das catro lúas que posúe Plutón, Hydra é a máis externa e a que orbita máis afastada de Plutón. Foi descuberta xunto con Nix en xuño do 2005 polo Equipo de Busca de Compañeiros de Plutón do Telescopio Espacial Hubble, composto por Hal A. Weaver, S. Alan Stern, Max J. Mutchler, Andrew J. Steffl, Marc W. Buie, William J. Merline, John R. Spencer, Eliot F. Young, e Leslie A. Young.
Hydra | |
---|---|
![]() | |
Concepción artística de Hydra (en primeiro plano),Plutón e Caronte (de fondo),e Nix (o punto brillante ó centrado a esquerda). | |
Descubrimento | |
Descuberto por | Equipo de Busca de Compañeiros de Plutón do Telescopio Espacial Hubble |
Data do descubrimento | Xuño do 2005 |
Designacións | |
Designación alternativa | "Plutón III" |
Características orbitais [1] | |
Eixo Semi-maior | 64.749 km |
Excentricidade | 0,0051 |
Período orbital | 38,206 ± 0,001 d |
Inclinación | 0,212° |
Satélite de | Plutón |
Características físicas | |
Radio medio | 30 − 84 km [2] |
Masa | 5 x 1016–2 x 1018 kg[3] |
Densidade media | Descoñecida |
Período de rotación | Descoñecido |
Oblicuidade | Descoñecida |
Albedo | 0,04 − 0,35 (asumido)[4] |
Temperatura | 33-55 K |
Magnitude | 22,9 a 23,3 (medida)[4] |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/Hydra_imaged_by_LORRI_from_231_000_kilometres.jpg/320px-Hydra_imaged_by_LORRI_from_231_000_kilometres.jpg)
O nome formal de Hydra provén da Hidra de Lerna, a serpe de nove cabezas que vixiaba as augas do inframundo grego na mitoloxía grega, este nomeamento foi anunciado o 21 de xuño do 2006, na circular da UAI 8723,[5] onde tamén se lle outorga a designación de Plutón III.
Hydra será visitada (xunto con Plutón) pola sonda espacial New Horizons no ano 2015.