Hidra de Lerna
criatura da mitoloxía grega / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Hidra de Lerna (en grego antigo Λερναία Ὕδρα) era un monstro acuático da mitoloxía grega, con forma de serpe de múltiples cabezas (policefalia), con tres, cinco ou nove cabezas (ata cen, segundo a fonte)[1]. Matouna Heracles no segundo dos seus Doce Traballos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Hidra.
Vivía no lago de Lerna, no golfo da Argólida (próximo a Nauplia, Grecia) e de cando en vez saía a terra firme para devorar o gando que atopara. A lenda conta que a Hidra gardaba unha entrada ó Inframundo que existía baixo as augas do lago.