Hot Snakes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hot Snakes foi unha banda estadounidense de post-hardcore[1][2] liderada por Rick Froberg e John Reis, formada no ano 1999 en San Diego, California. Reis e Froberg actuaran anteriormente xuntos en Pitchfork e Drive Like Jehu, despois do cal Reis fundou a exitosa banda Rocket from the Crypt. Hot Snakes separouse no ano 2005 pero reuniuse en 2011.
Hot Snakes | |
---|---|
Orixe | San Diego, California, ![]() |
Período | 1999 - 2005 2011 - 2023 |
Xénero(s) | post-hardcore |
Selo(s) discográfico(s) | Swami Records, Sub Pop Records |
Membros | Rick Froberg John Reis Gar Wood Jason Kourkounis Mario Rubalcaba |
Artistas relacionados | Pitchfork, Drive Like Jehu, Rocket from the Crypt, Back Off Cupids, Sultans, Burning Brides, Obits, The Night Marchers |
Na rede | |
hotsnakes.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Aínda que compartía semellanzas musicais cos previos proxectos dos seus membros, Hot Snakes tiña un son moito máis primario que o de Pitchfork, Drive Like Jehu ou incluso Rocket from the Crypt. Reis e Froberg tamén estaban fortemente influenciados por bandas como The Wipers, Suicide e Michael Yonkers Band, e esas influencias déronlle a Hot Snakes un son distintivo que foi descrito como "hardcore garage punk".[3] As gravacións e a mercadotecnia do grupo foron realizadas seguindo a filosofía "Do it Yourself", con Froberg encargándose da parte da arte e Reis editando o material a través do seu selo, Swami Records.
Froberg morreu o 30 de xuño de 2023 aos 55 anos de idade poñendo fin a Hot Snakes.[4]