![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/12/Arthur_Rothstein%252C_Boy_building_a_model_airplane_as_girl_watches%252C_FSA_camp%252C_Robstown%252C_Texas%252C_1942.jpg/640px-Arthur_Rothstein%252C_Boy_building_a_model_airplane_as_girl_watches%252C_FSA_camp%252C_Robstown%252C_Texas%252C_1942.jpg&w=640&q=50)
Do it yourself
From Wikipedia, the free encyclopedia
Do it yourself (literalmente en galego: faino por ti mesmo), habitualmente abreviado coma DIY, é unha expresión en lingua inglesa referida á práctica de fabricar, modificar ou reparar algo por conta propia, no lugar de procurar axuda ou pagar polo traballo de especialistas ou profesionais.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/12/Arthur_Rothstein%2C_Boy_building_a_model_airplane_as_girl_watches%2C_FSA_camp%2C_Robstown%2C_Texas%2C_1942.jpg/640px-Arthur_Rothstein%2C_Boy_building_a_model_airplane_as_girl_watches%2C_FSA_camp%2C_Robstown%2C_Texas%2C_1942.jpg)
A investigación académica describe o "DIY" como un comportamento no que se toman materiais e compoñentes para producir, transformar ou reconstruír posesións materiais, tamén aquelas obtidas da propia contorna natural. O "DIY" xorde a partir de:
- Motivacións económicas (beneficio económico, carencia dun produto ou da calidade deste, necesidade de personalización)
- Cuestións de identidade (aprendizaxe dun oficio, fortalecemento das capacidades propias, procura dunha comunidade ou de algo único)