político estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Horace Greeley, nado o 3 de febreiro de 1811 e finado o 29 de novembro de 1872, foi un xornalista estadounidense, fundador do New-York Tribune e cofundador do Partido Republicano.[1]
Foi un acérrimo crítico da escravitude e un dos maiores nomes do abolicionismo nos Estados Unidos, membro do Partido Whig entre 1847 e 1854, após a promulgación da Lei Kansas-Nebraska que fomentaba a expansión da escravitude ao Vello Oeste e á entrada de novos "estados escravos", el, en resposta, uniuse cos antigos líderes do Partido Whig como Abraham Lincoln, e xuntos fundaron un novo partido, o Partido Republicano como forma de resposta a esta lei, esta partido opúxose á escravitude.[2] Greeley foi tamén un vexetariano convencido desde os 24 anos de idade.[3]
Ademais da súa firme postura contra a escravitude, tamén animou á mocidade a explorar as oportunidades do Vello Oeste, popularizando (talvez non inventando) a frase Go West, young man, go West' (Vai ao Oeste, mozo, vai ao Oeste).[4] Esta declaración reflectía a visión do Oeste como unha terra de novas posibilidades e un escape das restricións do Leste, promovendo a idea de aventura, autonomía e autoxestión nun país en plena expansión.[5]
En 1860, o Partido Republicano lanzou a candidatura de Abraham Lincoln que foi elixido presidente nunhas eleccións moi estreitas e convulsas, que foi unha das eleccións máis turbulentas da historia americana. A candidatura de Lincoln foi fortemente apoiada por Greeley, e tras a súa investidura, constantemente animou a Lincoln a abolir a escravitude e mesmo lle presentou a Frederick Douglass. En 1862, co obxectivo de debilitar aos confederados, Lincoln aprobou a Slave Emancipation Act, que aboliu definitivamente a escravitude en todos os estados dos Estados Unidos. Tras este logro Greeley mostrouse moi feliz, eloxiouno dende o editorial do seu xornal, e en 1864 apoiou a reelección de Lincoln.
Foi candidato á presidencia en 1872 pola á esquerdista, chamada "liberal" do Partido Republicano contra os "republicanos radicais" apoiados por Grant.[1] Correu nunha plataforma moderada, en contraste co "radicalismo" de Grant e os seus partidarios. Nunca chegou a ser demócrata, pero foi apoiado polo Partido Demócrata, que viu a súa candidatura como unha oportunidade para tentar regresar á Casa Branca; con todo, pouco despois das eleccións, Greeley morreu o 29 de novembro de 1872 á idade de 61 anos, morreu no seu sono na súa residencia nunha aldea do condado de Westchester no estado de Nova York.[1] Ese ano, o pobo xa votara nas eleccións presidenciais, pero o colexio electoral non, polo que os delegados que se comprometeron a votar en Greeley acabaron emigrando ao seu compañeiro de fórmula e a outros políticos demócratas do sur, ao final, dos 66. delegados que se comprometeron a votar por Greeley, só 3 votaron por el.[1] [6] Esta foi a única vez que un candidato morreu ás poucas semanas dunhas eleccións nos Estados Unidos.[1]
Tivo un funeral sinxelo e foi enterrado no cemiterio de Green-Wood.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.