From Wikipedia, the free encyclopedia
Homo luzonensis refírese ós restos fosilizados dun homínido que foron descubertos na cova do Callao, en Luzón, Filipinas no ano 2007 por Armand Salvador Mijares. Especificamente, o achado inicial consistiu nun único metatarso de 61 milímetros que, cando foi datado empregando datación radiométrica, descubriuse que tiña 67 000 anos de antigüidade,[1] é dicir do Plistoceno serodio.[2][3]
Homo luzonensis Rango fósil: Plistoceno serodio 0,067 Ma-0,05 Ma | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
CCH1, un terceiro metatarsiano fósil de 67,000 anos atribuído a Homo luzonensis. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Homo luzonensis Détroit et al., 2019 |
En 2019, nun artigo publicado na revista Nature describiu o "descubrimento de doce elementos homínidos adicionais que representan cando menos tres individuos que foron atopados na mesma capa estratigráfica da cova do Callao que o metatarso anteriormente atopado" e identificou os fósiles como pertencentes a unha nova especie, Homo luzonensis, sobre a base das diferenzas con outras especies do xénero Homo, incluíndo H. floresiensis e H. sapiens.[2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.