![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b5/Limbe_view_with_Bioko.jpg/640px-Limbe_view_with_Bioko.jpg&w=640&q=50)
Historia de Guinea Ecuatorial
From Wikipedia, the free encyclopedia
O actual territorio de Guinea Ecuatorial[1] aséntase sobre medievais reinos tribais de escasa estruturación, sen dúbida xurdidos pola influencia da estruturas protoestatais máis avanzadas que se desenvolven contemporaneamente na zona (como o Reino Oyo ou o Reino do Congo), así o reino Benga da illa Mandj (logo chamada Corisco), o reino Bubi da illa de Bioko e as vilas-estado dos clans fang da parte continental.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b5/Limbe_view_with_Bioko.jpg/640px-Limbe_view_with_Bioko.jpg)
Existe a posibilidade de que a zona do golfo de Guinea fose visitada por Hanón, un xeneral cartaxinés que realizou unha viaxe bordeando as costas de África cara a finais do século VI a.C. ou comezos do século V a.C.