xénero de peixes teleósteos From Wikipedia, the free encyclopedia
Hippoglossina é unha xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, o xénero tipo da familia dos paralictíidos.[1]
Hippoglossina | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hippoglossina oblonga | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
|
O xénero comprende sete especies, segundo os autores, propias das costas do Pacífico de ambas as Américas.
Porén, unha única especie, H. oblonga, o rapante de catro ollos,[2] encóntrase ao longo da costa atlántica do Canadá e os Estados Unidos, e está clasificada por moitos autores no xénero Paralichthys, como Paralichthys oblongus (Mitchill, 1815).
Moitas das súas especies son de interese pesqueiro.
O xénero foi descrito en 1876 polo zoólogo austríaco Franz Steindachner.[1]
O nome Hippoglossina é un diminutivo feminino do latín científico do xénero Hippoglossus, que inclúe ao halibut (e a varios fletáns), que é un peixe similar, pero de moito maior tamaño.
Ademais de polo nome Hippoglossina que lle deu Steindachner, o xénero coñécese polo sinónimo Lioglossina Gilbert, 1890.[1]
Na actualidade dentro do xénero Hippoglossina recoñécense as seguintes sete especies:[1][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.