Hiposmia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hiposmia é a capacidade reducida para ulir e detectar olores. Relacionado con ela está a anosmia, que é cando non se pode percibir olor ningún. Algunhas das causas destes problemas de olfacto son as alerxias, pólipos nasais, infeccións víricas ou traumatismo cranial.
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A hiposmia pode ser un sinal temperá da enfermidade de Parkinson.[1] Asemade, a hiposmia aparece nos estadíos temperás da enfermidade de Alzheimer. O síndrome de Kallmann pode producir hiposmia de por vida.