From Wikipedia, the free encyclopedia
Das Lied der Deutschen ou Das Deutschlandlied (en galego: A canción dos alemáns ou A canción da Alemaña) é unha canción con letra escrita en 1841 por August Heinrich Hoffmann von Fallersleben e música de Joseph Haydn, composta orixinalmente en 1797 como parte dun cuarteto de cordas (Kaiserquartett) e que constitúe, na súa totalidade ou parcialmente, o himno nacional de Alemaña desde 1922. A mesma partitura, pero con texto de Leopold Haschka, foi o himno do Imperio Austrohúngaro, Gott erhalte Franz den Kaiser. Posteriormente, mantívose a melodía, pero a letra mudouse.
O himno é só a terceira estrofa desde a fundación da República Federal de Alemaña e así quedou constatado en 1952 por un intercambio de correspondencia, que logo se publicou no boletín oficial do goberno federal, entre o Presidente Federal Theodor Heuss e o Chanceler Federal Konrad Adenauer;[1] o status foi confirmado en 1991 nun intercambio de correspondencia entre o Presidente Federal Richard von Weizsäcker e o Chanceler Helmut Kohl.[2]
O texto xurdiu nunhas circunstancias moi concretas, cando non existía un Estado alemán, senón que o territorio estaba divido nunha morea de cidades-estados e provincias, que paseniñamente foron asimiladas cara ao goberno central de Berlín ata converterse no Imperio Alemán en xaneiro de 1871. Logo da primeira guerra mundial, este texto, escrito 30 anos antes da unificación alemá, converteuse en himno nacional. A primeira estrofa «Deutschland, Deutschland über alles», malia que orixinariamente expresaba sinxelamente unha arela de unidade nacional, quedou vencellada co imperialismo alemán e, logo, co goberno nazi e a súa política abertamente expansionista. Entre 1933 e 1945, cantábase a primeira estrofa e logo o Horst Wessel Lied, o himno do partido nazi.
A continuación amósase a letra de "Lied der Deutschen" tal como foi escrita por Hoffmann von Fallersleben. Só a terceira estrofa é actualmente o himno nacional da República Federal de Alemaña.
Deutschlandlied | |
---|---|
Letra en alemán | Tradución aproximada |
Primeira estrofa | |
Deutschland, Deutschland über alles, |
Alemaña, Alemaña sobre todo, |
Segunda estrofa | |
Deutsche Frauen, deutsche Treue, |
Mulleres alemás, fidelidade alemá, |
Terceria estrofa (Himno nacional de Alemaña) | |
Einigkeit und Recht und Freiheit |
Unidade e xustiza e liberdade |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.