Lied der Deutschen
From Wikipedia, the free encyclopedia
Das Lied der Deutschen ou Das Deutschlandlied (en galego: A canción dos alemáns ou A canción da Alemaña) é unha canción con letra escrita en 1841 por August Heinrich Hoffmann von Fallersleben e música de Joseph Haydn, composta orixinalmente en 1797 como parte dun cuarteto de cordas (Kaiserquartett) e que constitúe, na súa totalidade ou parcialmente, o himno nacional de Alemaña desde 1922. A mesma partitura, pero con texto de Leopold Haschka, foi o himno do Imperio Austrohúngaro, Gott erhalte Franz den Kaiser. Posteriormente, mantívose a melodía, pero a letra mudouse.