From Wikipedia, the free encyclopedia
Hilla Limann, nado en Gwolu como Hilla Babini o 12 de decembro de 1934 e finado o 23 de xaneiro de 1998, foi un político e diplomático ghanés que foi presidente de Ghana do 24 de setembro de 1979 ao 31 de decembro de 1981.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1934 Costa do Ouro () |
Morte | 23 de xaneiro de 1998 (63 anos) Accra, Ghana |
Causa da morte | Diabetes mellitus |
Presidente de Ghana | |
24 de setembro de 1979 – 31 de decembro de 1981 ← Jerry Rawlings – Jerry Rawlings → | |
Datos persoais | |
Relixión | Presbiterianismo (pt) |
Educación | London School of Economics - ciencia política (1957–1960) Universidade Sorbonne Paris Nord (pt) - lingua francesa Universidade de Londres - ciencia histórica Universidade de París - ciencia política, xurisprudencia |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, político |
Partido político | People's National Party (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Fulera Limann |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:2) |
Membro da etnia sassali naceu no seo dunha familia pobre [1], criouno a familia de seu tío e el adoptou o seu apelido, estudou no instituto de Tamale e entre 1957 e 1960 estudou ciencias políticas na London School of Economics e logo francés na Sorbona, realizando logo estudos de historia na Universidade de Londres e doutorándose na Universidade de París. Traballou no ministerio de Asuntos Exteriores de Ghana entre 1965 e 1968, foi tamén membro da comisión constitucional encargada de redactar a Constitución de Ghana. En 1968 foi xefe da chancelería da embaixada en Togo e en 1971 conselleiro da misión permanente do seu país en Xenebra. En 1975 volveu a Ghana ao ministerio de Asuntos Exteriores.
Tras o golpe de estado dirixido por Jerry Rawlings en 1979, Limann, foi elixido nas eleccións presidenciais como o candidato do Partido Popular Nacional logo da descualificación de Imoru Egala polo Consello Supremo Militar. Egala elixiuno a el que era practicamente descoñecido no país [2]. Resultou vencedor nas eleccións co 62% na segunda volta; durante o seu mandato apoiou os valores democráticos e panafricanismo pero á fronte dun goberno coalición inestable e acusado de corrupción [3], pese a que se recoñecía[4] a honestidade de Limann, agravado por unha situación económica preocupante [5] e os poucos recursos que mantiña o aparello estatal [6], finalmente tras deteriorarse as relacións entre Limmann e Rawlings, este deu un golpe de estado que o depuxo [7]. En 1992 coa fin do goberno militar Limann foi o candidato da Convención Nacional Popular nas eleccións presidenciais, recibindo o 6.7% dos votos[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.