![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ef/Galiza_250K_-_Rede_hidrogr%25C3%25A1fica.pdf/page1-640px-Galiza_250K_-_Rede_hidrogr%25C3%25A1fica.pdf.jpg&w=640&q=50)
Hidrografía de Galicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ef/Galiza_250K_-_Rede_hidrogr%C3%A1fica.pdf/page1-640px-Galiza_250K_-_Rede_hidrogr%C3%A1fica.pdf.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c3/Hidrogalicia_vertentes_gl.png/640px-Hidrogalicia_vertentes_gl.png)
Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.