Río Sil
río do noroeste da Península Ibérica From Wikipedia, the free encyclopedia
río do noroeste da Península Ibérica From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño, coa que comparte a expresión popular de «o Sil leva a auga e o Miño a fama».
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Cantabria, España, Asturias, España, Galicia, España, Castela e León, España e País Vasco, España | ||||
Localización | Cordal Cantábrico | ||||
Final | |||||
División administrativa | provincia de Ourense, España | ||||
Localización | Nogueira de Ramuín | ||||
Desembocadura | río Miño | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Conca hidrográfica | conca do Miño | ||||
Características | |||||
Dimensións | 228 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 9.331 km² | ||||
Nace en La Cueta, León, ao pé de Peña Orniz, a 1980 metros de altitude. Após pasar polas comarcas de Laciana e do Bierzo (nesta, cruza a vila de Ponferrada), entra en Galicia pola provincia de Ourense, onde atravesa o Montefurado. Antigamente o seu leito rodeaba este monte nun percorrido de 3 km.
No seu tramo medio define a fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense. Xúntase co Miño no lugar dos Peares. Preto da intersección entre o río Sil e o río Miño están os Canóns do Sil. O seu curso é de 228 km, pasando por vilas como Villablino, Toreno, Ponferrada, O Barco de Valdeorras, A Rúa e Quiroga. A súa conca é de 8 020 km².
Tanto o seu caudal como o dos seus afluentes é moi estable.
A sona de ser o río máis caudaloso de Galicia está xustificada: No anuario hidrolóxico da confederación hidrográfica Miño-Sil aparece que o encoro de San Pedro, a poucos quilómetros da xuntanza co Miño, rexistra moito máis paso de auga que o dos Peares, o último do río miño antes do encontro (5492 hm3 fronte a 2762,9 hm3 de media anual).[1] A xuntanza de ambos, na parte baixa do Miño, produce un caudal conxunto superior.
Segundo algúns autores crese que Sil viría do latín sil: ocre. Plinio o Vello falaba nos seus documentos da abundancia de ouro e prata que se tiraba das grandes explotacións mineiras da Gallaecia no que hoxe son As Médulas, na conca do Sil; tales minas eran tamén ricas en materias corantes ou pigmentos ocres. Dioscórides fala expresamente dos ocres da Iberia occidental.
Máis probable é a orixe que dan outros autores, que falan dunha raíz celto-xemánica-lituana: sei-, sel- (pingar), da que derivan os nomes doutros ríos coma os italianos Silis e Silarus. Outros autores falan da raíz celto-xemánica-báltico-eslava: slei-, sli- (esvarar).
Tamén existe unha terceira hipótese de orixe preindoeuropea.[2]
Pola ribeira esquerda: |
Pola ribeira dereita: |
Os principais encoros do río son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.