director de cinema xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia
Hideo Nakata (en xaponés: 中田 秀夫, Nakata Hideo), nado en Okayama o 19 de xullo de 1961, é un cineasta xaponés.[1]
(2015) | |
Nome orixinal | (ja) 中田秀夫 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de xullo de 1961 (63 anos) Okayama, Xapón |
Educación | Universidade de Toquio |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xapón |
Ocupación | director de cinema, guionista, escritor, produtor de cinema, realizador |
|
Nakata naceu en Okayama e é coñecido internacionalmente polo seu traballo en filmes de terror xaponeses como Ringu (1998), O sinal 2 (1999) e Dark Water (2002),[2] dos que mesmo se fixeron os remakes en inglés The Ring (2002), Dark Water (2005) e The Ring Two.[3]
Nakata ía debutar no cinema en inglés con True Believers, mais foi apartado do proxecto. Posteriormente DreamWorks ofreceulle dirixir The Ring Two (2005), que aceptou, co que debutou en inglés cunha secuela dun remake do seu propio filme.
Nakata destacou inicialmente no cinema con Joyû-rei, coñecida como Ghost Actress e Don't Look Up (1996). Aínda que non tivo demasiado éxito levouno a dirixir Ringu.
O seu filme Chatroom, participou na sección Un Certain Regard no Festival de Cannes de 2010.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.