From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos heterocongrinos (Heterocongrinae) é unha subfamilia que comprende dous xéneros de peixes pertencentes á familia dos cóngridos, que inclúen varias especies denominadas, na terminoloxía internacional, como heterocongros, anguías de xardín ou anguías tubícolas.
Heterocongrinos Heterocongrinae | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Heteroconger hassi | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
Estes peixes pequenos, longos e delgados (máximo 40 cm de lonxitude e 15 mm de diámetro) teñen a particularidade de viviren medio enterrados nun tubo vertical escavado no fondo areoso, e de teren o corpo revestido dunha mucosidade secretada por uns órganos especiais secretores da pel do animal. Teñen a punta da cola modificada para asegurar que estean firmemente ancorados ao substrato, e nunca saen totalmente fóra do seu burato, mesmo nin para reproducírense. Os seus ollos posúen unha visión binocular. A súa liña lateral está modificada, e ao máis leve movemento da auga, agóchanse e no seu tobo. A cabeza proxéctase cara a adiante, e capturan o zooplancto traído polas correntes a través da boca situada cara a arriba. Viven en colonias (chamadas xardíns) e a miúdo chegan a reunírense nelas centos de individuos, xeralmente dispostos a distancias iguais entre si. Adoita ocorrer que os "xardíns" comprenden varias especies de diferentes heterocongros.[1][2]
Estes peixes habitan nas augas cálidas dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico (incluínso o mar Caribe, e no mar Vermello.[1][2] As colonias estás situadas en fondos desde 1 m até máis de 300 m de profundidade. A nedida que se descende as colonias son máis grandes, pero son raras máis alá dos 200 m, xa que a luz é demasiado débil como para permitir que os heterocongros vexan ás súas presas.
As colonias dos heterocongros sempre están situadas en ladeiras areosas expostas á corrente, de modo que poden capturar constantemente ás súas presas, pero sempre ao abrigo das ondas.
Os heterocongros teñen un modo de reprodución sexual. No abandonan xamais o seu tobo, nin para reproducirse. Cando desovan, os machos e as femias máis próximos entretecen os seus corpos e soltan os espermatozoides e os óvulos na auga. Unha vez fecundados, os ovos convértense de larvas leptocéfalas que, desde que alcanzan o estadio de xuvenís, se unen á colonia e crean os seus tobos na periferia, de maneira que o xardín está crecendo constantemente.
A sufamilia comprende dous xéneros cun total de 35 especies:
Subfamila Heterocongrinae
Xénero Gorgasia Meek & Hildebrand, 1923
Xénero Heteroconger Bleeker, 1868
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.