From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo hepatite aplícase a calquera inflamación do fígado. Existen varias causas da hepatite, sendo as máis coñecidas as causadas por virus, mais poden ser tamén por intoxicacións por alcohol e outras substancias e medicamentos tóxicos. En común, todas as hepatites teñen algún grao de destrución das células hepáticas, sendo o sinal máis rechamante a ictericia, e que se caracteriza pola coloración amarelo-dourada da pel e conxuntivas. Pode ocorrer unha cor pardenta na urina (coluria) e mais feces claras, tipo masa de vidraceiro (acolia fecal). Mais estes sinais poden estar ausentes
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Nos exames de laboratorio, todas teñen en común que o TGO e o TGP poden estar por riba do normal, así como as bilirrubinas totais, a custa das indirectas. Vexa Exames Complementares no final deste artigo.
O día 28 de xullo celébrase o Día Mundial contra a Hepatite, co obxectivo de concienciar sobre as hepatites víricas, que causan enfermidades como o cáncer de fígado [1].
É unha hepatite infecciosa aguda causada polo virus da hepatite A, que pode cursar de forma subclínica. Altamente contaxiosa, a súa transmisión é do tipo fecal oral, ou sexa, ocorre contaminación directa de persoa a persoa ou a través do contacto con alimentos e auga contaminados, e os síntoma comezan uns 30 días despois do contaxio. É máis común onde non hai ou é precario o saneamento básico. A falta de hixiene axuda na diseminación do virus. O uso na alimentación de moluscos e ostras de augas contaminadas con esgoto e feces humanas contribúe á expansión da doenza. Unha vez infectada, a persoa desenvolve inmunidade permanente. Existe vacina segura para hepatite A. A transmisión a través de agullas ou sangue é rara. Os síntomas son de inicio súbito, con febre baixa, fatiga, mal estar, perda do apetito, sensación de desconforto no abdome, náuseas e vómitos. Pode ocorrer diarrea. A ictericia é máis común no adulto (60%) que no neno (25%). A ictericia desaparece pasadas de dúas a catro semanas. É considerada unha hepatite lene, pois non hai relatos de cronificación e a mortalidade é baixa. Non existe tratamento específico. O paciente debe recibir sintomáticos e mais tomar medidas de hixiene para previr a transmisión a outras persoas. Pódese previr pola hixiene e mellorías das condicións sanitarias, así como pola vacinación. É coñecida como a hepatite do viaxante.
A súa transmisión é a través de sangue, agullas e materiais cortantes contaminados, tamén a través de tatuaxes, piercings, no dentista e ata en sesións de depilación, así como a través da relación sexual. É considerada tamén unha doenza de transmisión sexual. Os síntomas son semellantes aos das outras hepatites virais, mais a hepatite B pode tornarse crónica e provocar a cirrose hepática. A prevención faise utilizando preservativos nas relacións sexuais e non utilizando materiais cortantes ou agullas que non estean debidamente esterilizadas. Recoméndase a utilización de descartábeis de uso único. Canto máis cedo se adquire o virus, maiores son as posibilidades de ter unha cirrose hepática. Existe vacina para hepatite B, que se dá en tres doses intramusculares e debe ser repetida a cada 10 anos.
A máis perigosa e temida das hepatites virais, a súa transmisión é a través de sangue agullas e materiais cortantes contaminados, con transmisión moi doada e rápida. Pode ser adquirida a través de transfusión sanguínea, tatuaxes, usuarios de drogas, piercings, no dentista e en manicura. Na gran maioría dos pacientes é asintomática no período agudo da doenza, mais poden ser semellantes aos das outras hepatites virais. Estímase que o 3 % da poboación mundial estea contaminada, atinxindo niveis dez veces maiores no continente africano. A hepatite C é perigosa porque pode tornar crónica e provocar a cirrose hepática e o hepatocarcinoma, neoplasia maligna do fígado. A prevención faise evitando materiais cortantes ou agullas que non estean debidamente esterilizadas. Recoméndase utilizar descartábeis de uso único, así como material propio nas manicuras. A esterilización destes materiais é posíbel, porén non hai control e as persoas que ‘din’ que esterilizan non ten o preparo necesario para facer unha esterilización real. Non existe vacina para a hepatite C e considérase pola Organización Mundial da Saúde como o maior problema de saúde pública, é a maior causa de transplante hepático e transmítese polo sangue máis facilmente que a SIDA.
O anti-HCV positivo detecta infección actual ou pregresa. Pode ser necesaria unha biopsia hepática para descartar a súa malignidade e determinar o grao da doenza.
O interferón peguilado usase no tratamento da fase aguda, sendo asociado á ribavirina na fase crónica.
Aproximadamente a metade dos pacientes tratados curan.
Termo antigo moi usado para hepatites que non eran nin A nin B, que hoxe se recoñece ser a maioría do tipo C, podendo ser tamén E.
Causada polo axente Delta, só ten importancia cando está asociada á hepatite B, pois poténciaa. Illadamente parece non causar infección.
É unha hepatite infecciosa aguda causada polo virus da hepatite E, que pode cursar de forma subclínica. A súa transmisión é do tipo fecal oral, a través do contacto con alimentos e auga contaminados, e os síntoma comezan uns 30 días despois do contaxio. É máis común despois de enchentes Non existe vacina para a hepatite E. Os síntomas son de inicio súbito, con febre baixa, fatiga, malestar, perda do apetito, sensación de desconforto no abdome, náuseas e vómitos. Pode ocorrer diarrea. É considerada unha hepatite lene, a pesar do risco para mulleres embarazadas, principalmente no terceiro trimestre de xestación. Non existe tratamento específico. O paciente debe recibir medicamentos sintomáticos e repousar. Pode prevenirse a través de medidas de hixiene, debendo evitarse a compra de alimentos e bebidas de vendedores ambulantes.
Pouco coñecida, relatouse en pacientes sometidos a transplante hepático.
Tamén pouco coñecida, require máis estudos.
Hai outros virus que poden causar hepatites, porén sen ser causa común. Son potencialmente causantes de hepatite en pacientes sometidos a transfusións sanguíneas e inmunodeprimidos os virus Epstein-Barr, o citomegalovírus e o herpes zóster.
Causado por drogas hepatotóxicas, que lesionan directamente o hepatocito. O acetaminofen, substancia analxésica moito utilizada en nenos, cando utilizada en doses moito altas é altamente hepatotóxica.
Son hepatites causadas por unha auto agresión do organismo, que fabrica anticorpos que atacan e matan os hepatocitos. Isto pode acontecer porque unha bacteria, virus ou fungo pode conter unha porción moito parecida coa célula hepática, causando confusión do sistema inmunolóxico. O tratamento faise con corticoides e drogas inmunosupresoras.
Os testes de laboratorios útiles na avaliación da función hepática son as bilirrubinas, as transaminases (TGO e TGP), fosfatase alcalina, gammaglutamil-transferase (gammaGT ou GGT), proteínas totais, albumina, protrombina, amonio e ácidos biliares, investigación de marcadores virais e execución de exames complementares de diagnóstico por imaxe, como o ultrasón e a tomografía computerizada. Ás veces pode haber necesidade de biopsia hepática, con agulla, videolaparoscopía ou a ceo aberto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.