poeta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Henry Wadsworth Longfellow , nado en Portland (Maine) o 27 de febreiro de 1807 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 24 de marzo de 1882, foi un poeta estadounidense.
Un dos seus avós era senador estatal e o outro avó fora xeneral da Guerra Revolucionaria e deputado no Congreso. Despois da súa graduación en 1826 no Bowdoin College, onde era compañeiro de clase de Nathaniel Hawthorne, Longfellow foi a Europa para estudar; na Alemaña, familiarizouse co romanticismo e comezou a súa carreira coa tradución das Coplas, de Jorge Manrique.
En 1836, ao regresar aos Estados Unidos, ensinou francés e castelán en Harvard. Acada o éxito cando publicou en 1839 o poemario Voices of the Night que contén o famoso poema The Psalm of Life. Cando regresou aos Estados Unidos tres anos despois, ensinou linguas europeas, primeiro en Bowdoin e despois en Harvard.
Despois de 18 anos de ensino en Harvard, renunciou ao seu cargo porque sentiu que interfería coa súa escritura.[1] En 1854 comezou a dedicarse á literatura, publicando unha serie de poemas narrativos, como The song of Hiawatha (1855), unha visión idealizada da vida indíxena e The Courtship of Miles Standish (1858), que narra o romance dun antepasado. Antonín Dvořák afirmou ter escrito os dous movemientos centrais (II. Largo - III. Scherzo: Molto vivace) da súa ''Sinfonia Do Novo Mondo'' (No.9, Op. 95) inspirada na Hiawatha de Longfellow, e tamén indicou que faría toda unha obra adicada ao poema, aínda que esa obra nunca a rematou [2]. En 1872, Longfellow publicou unha triloxía sobre o cristianismo, Christus: a Mistery. En 1876, publicou unha tradución de "A Divina Comedia " de Dante Alighieri.
Unha colaboración da súa autoría pódese atopar na revista portuguesa O paquete do Tejo [3] (1866) e foi amigo de Pedro II.[4]
Varios extractos de The Song of Hiawatha son cantados na segunda parte do álbum Incantations de Mike Oldfield. O mesmo poema foi adaptado ao cine en 1909 por William V. Ranous.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.