Henri Seyrig
arqueólogo e numismático francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Henri Arnold Seyrig, nado o 10 de novembro de 1895 en Héricourt, Alto Saona, e finado o 21 de xaneiro de 1973 en Neuchâtel, Suíza, foi un arqueólogo e numismático francés.[1][2]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henri Arnold Seyrig 10 de novembro de 1895 Héricourt (Francia) |
Morte | 21 de xaneiro de 1973 Neuchâtel. Suíza |
Causa da morte | doenza |
Director Escola do Louvre | |
1960 – 1962 ← Edmond Sidet (en) – Jean Chatelain (pt) → | |
Director of the Museums of France (en) | |
1960 – 1962 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa. |
Educación | - Universidade de París. - Escola Francesa de Atenas. |
Coñecido por | - Director da Escola do Louvre. - Director do Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente. - Director dos Museos de Francia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Arqueoloxía e numismática. |
Ocupación | arqueólogo , historiador , profesor universitario |
Membro de | Academia de Inscricións e Linguas Antigas (free member (en) ) (1952–1973) French School at Athens (en) (1922–1929) Academia Británica |
Profesores | Victor Bérard |
Lingua | Lingua francesa |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Hermine de Saussure |
Fillos | Delphine Seyrig, Francis Seyrig (pt) |
Parentes | Théophile Seyrig (pt) (avó) |
Premios | |
- (1952): Medalla Huntington (ANS). - (1961): Medalla da RNS. | |
Pechar
Foi membro da Académie des inscriptions et belles-lettres, e é coñecido fundamentalmente por ter ocupado o posto de director xeral de Antigüidades de Siria e o Líbano no período de soberanía francesa, e posteriormente por ter creado o Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente, que dirixiu ata 1967, cando se xubilou.
Estivo casado con Hermine de Saussure (1901-1984), tataraneta de Horace Bénédict de Saussure.[3] A súa filla foi a actriz Delphine Seyrig e o seu fillo o compositor de música cinematográfica Francis Seyrig.[4]