numismático e bibliotecario francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Henri Michel Lavoix, nado en Nant (Aveyron) o 19 de xaneiro de 1820 e finado en París o 23 de outubro de 1892, foi un bibliotecario e numismática francés especializado na moeda musulmá medieval, que ocupou o cargo de director do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París.[1]
Gravado de Henri Dochy, despois dunha fotografía de Pierre Petit. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1820 Nant, Francia |
Morte | 23 de outubro de 1892 (72 anos) rue Colbert, Francia (en) |
Causa da morte | ictus |
Chief curator (en) Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia | |
1890 – 1892 | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Savigny |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | numismático , bibliotecario |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Cónxuxe | Marguerite Lemoins (1886) |
Fillos | Henri Marie Lavoix (en) |
Premios
| |
Henri Lavoix era fillo de Marie Émilie Savigny e do funcionario Armand Lavoix.[2] Estudou inicialmente en Poitiers e posteriormente no College Sainte-Barbe.[1]
Incorporouse ao Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia en 1849 como conservador adxunto,[1] e alí dedicouse ao estudo da colección de moedas islámicas, que daquela estaba moi desatendida.[3] O 9 de xaneiro de 1890 foi nomeado director do Gabinete de Medallas, cargo no que sucedeu a Anatole Chabouillet. Ocupu este posto ata o seu falecemento en 1892.[3]
Henri Michel Lavoix interesouse sobre todo pola cultura de Oriente, onde viaxara na súa xuventude, e tamén escribiu varios artigos acerca da arte árabe. Ademais do seu labor numismático, escribiu tamén varios artigos sobre arte, literatura e teatro en publicacións como Le Moniteur, o Journal Officiel, a Gazette des Beaux-Arts e a sección de crítica teatral de L'Illustration, baixo o pseudónimo de Savigny,[1][3] tomado do seu apelido materno.[4]
En 1851 publicou o seu primeiro estudo numismático, titulado Mémoire sur les dinars à légendes latines frappées en Espagne en l'an CXI de l'Hégire ("Memoria dos dinares con lendas latinas cuñados en España no ano CXI da Héxira").[3]
Un dos seus traballos de máis entidade foi o catálogo das moedas islámicas do Gabinete. O seu primeiro volume, publicado en 1887, estaba dedicado aos califatos orientais, e o segundo, de 1891, ás emisións da Península Ibérica e de África. Cando xa se estaba a imprimir o terceiro volume, centrado nas emisións de Exipto e Siria, Lavoix sufriu unha apoplexía e faleceu na noite do 22 ao 23 de outubro de 1892, aos 72 anos.[3] A obra acabou de imprimirse grazas ao labor do arqueólogo e orientalista Paul Casanova.[5]
Henri Lavoix foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra,[1] o 14 de agosto de 1862.[6]
O 27 de febreiro de 1886 casou con Marguerite Lemoins.[2]
A seguir, preséntase unha escolma de artigos publicados por Henri Lavoix, así como a referencia dos seus traballos monográficos:[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.