![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/Streptococcal_hemolysis.jpg/640px-Streptococcal_hemolysis.jpg&w=640&q=50)
Hemólise (microbioloxía)
rotura dos glóbulos vermellos do sangue / From Wikipedia, the free encyclopedia
En microbioloxía a hemólise é a rotura dos glóbulos vermellos do sangue. A capacidade das colonias bacterianas de inducir a hemólise cando crecen nunha placa de ágar utilízase para clasificar certos microorganismos. Isto é especialmente útil na clasificación das especies de Streptococcus, aínda que non son as únicas bacterias hemolíticas. Unha substancia que causa a hemólise denomínase hemolisina.[1] As principais hemolisinas son as estreptolisinas de Streptococcus, que afectan aos esterois da membrana plasmática; outras son fosfolipases ou lecitinases (como as de Clostridium perfringens), que atacan aos fosfolípidos da membrana.[2]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/Streptococcal_hemolysis.jpg/640px-Streptococcal_hemolysis.jpg)
(esquerda) alfa;-hemólise (S. mitis);
(no medio) β-hemólise (S. pyogenes);
(dereit) γ-hemólise (= non hemolítico, S. salivarius)