Hells Angels
club de motoristas de orixe estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hells Angels Motorcycle Club (HAMC polas súas siglas en inglés) (Club de motocicletas Anxos do Inferno) é un club de moteiros de orixe estadounidense. As motocicletas máis típicas do club son as Harley-Davidson. Nos Estados Unidos e no Canadá, os Hells Angels son sociedades coñecidas como Hells Angels Motorcycle Corporation. Alcumes habituais do club son "H.A.", "Red & White", "HAMC" e "81".[1][2]
Hells Angels | |
---|---|
Tipo | banda de motociclistas |
Data de fundación | 17 de marzo de 1948 |
Organización subsidiaria | Hells Angels |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.hells-angels.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O club foi fundado en Fontana (California) en 1948.[3] Ao cabo duns anos adheríronse outras cuadrillas e clubs da área e actualmente crese que ten entre 2000 e 3600 membros repartidos por todo o mundo.[4][5]
En maio de 2019, un tribunal de Utrecht emitiu un veredicto que fixo dos Países Baixos o primeiro país en prohibir completamente os Hells Angels; outros países como Alemaña prohibira capítulos locais, mais nunca o club completo.[6][7][8][9] O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos considera o club unha organización criminal.[10][11][12][13]