unha actriz e inventora austríaca From Wikipedia, the free encyclopedia
Hedwig Eva Maria Kiesler, nada en Viena o 9 de novembro de 1914 e finada en Casselberry (Florida) o 19 de xaneiro de 2000, foi unha actriz e inventora austríaca.
(1944) | |
Nome orixinal | (de) Hedwig Kiesler |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Hedwig Eva Maria Kiesler 9 de novembro de 1914 Viena, Austria |
Morte | 19 de xaneiro de 2000 (85 anos) Casselberry, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
Lugar de sepultura | Cemiterio central de Viena, 33G - 80 48°09′03″N 16°26′24″L |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Cor dos ollos | Negro |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Campo de traballo | Cine, FHSS (pt) , Actuación e discoveries and inventions (en) |
Ocupación | actriz, produtora, música, modelo, actriz de cinema, autobiógrafa, guionista, inventora, animadora |
Período de actividade | 1930 - 1958 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Lewis J. Boies (1963–1965) W. Howard Lee (1953–1960) Teddy Stauffer (1951–1952) John Loder (1943–1947) Gene Markey (1939–1941) Fritz Mandl (1933–1937) |
Fillos | James Loder () Denise Loder-DeLuca () John Loder Anthony Loder () John Loder |
Pais | Emil Kiesler e Gertrud Kiesler |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Deutsches Biographisches Archiv (en) Dictionary of Women Worldwide |
Páxina web | hedylamarr.com |
|
Hedy foi filla única dunha pianista, Gertrud "Trude" Kiesler (nacidad Lichtwitz) e un banqueiro xudeu, Emil Kiesler. O seu pai procedía de Lemberg, no reino de Galicia e Lodomeria, daquela parte do Imperio Austríaco (agora Lviv en Ucraína) e era, na década de 1920, vicedirector do Wiener Bankverein e, nos seus últimos anos, director do Creditanstalt-Bankverein. A nai de Hedy Lamarr, pianista e natural de Budapest, proviña dunha familia de clase alta xudeu-húngara. Convertérase ao catolicismo e, como «cristiá practicante», educou a súa filla no cristianismo, aínda que Hedy non foi bautizada formalmente.
De nena, Lamarr mostrou interese por actuar e fascinábanlle o teatro e o cinema. Con doce anos gañou un concurso de beleza en Viena. Tamén lle interesaban as invencións tecnolóxicas, e o seu pai explicáballe como funcionaban durante paseos polo campo.
Cando tiña dezaoito anos protagonizou o filme Ekstase, de Gustav Machatý, no que interpretaba unha moza casada cun home vello e indiferente. O filme foi famoso por unha escena na que Lamarr nada e corre espida polo bosque. O primeiro marido de Lamarr, Friedrich Mandl, o terceiro home máis rico de Austria, tratou de comprar todas as copias do filme que puido. Malia ser medio xudeu, Mandl vendeu munición a Italia e Alemaña. Na súa autobiografía indica que Adolf Hitler e Benito Mussolini acudiron a festas na súa casa.
Finalmente Lamarr non soportou o control á que a sometía o seu marido e decidiu separarse. Disfrazouse ela e a súa asistenta (aínda que ela mesma dixo que algunha anécdota da súa autobiografía fora inventada por un “negro”) e voaron a París. Pouco despois en Londres coñeceu a Louis B. Mayer, quen a contratou e lle deu o seu nome artístico.
En Hollywood interpretou personaxes arquetípicas: mulleres glamurosas e sedutoras de orixe exótica, como Dalila en Samson and Delilah. A partir de 1950 a súa carreira declinou e apareceu só esporadicamente en filmes.
O compositor George Antheil era veciño de Lamarr en California e experimentara con instrumentos musicais de control automático. Durante a segunda guerra mundial Lamarr e Antheil falaban da posibilidade de crear torpedos controlados por radio. Lamarr aprendera sobre armamento asistindo a conferencias co seu primeiro marido. Ambos desenvolveron a idea de usar unha especie de piano que empregaba unha temperá versión do salto en frecuencia. Porén, a mariña estadounidense non adoptou o sistema ata a crise dos mísiles de Cuba en 1962, cando a patente xa expirara. Hedy Lamarr intentou entrar no National Inventors Council, mais algúns membros como Charles F. Kettering indicaron que axudaría máis se empregaba a súa sona para a promoción de bonos de guerra.
As ideas de Lamarr e Antheil serviron de base para os modernos sistemas de comunicación, como o Bluetooth, o COFDM e o CDMA. Na actualidade celébrase no Día do Inventor o aniversario do nacemento de Lamarr.
Tras anos de reclusión na súa casa, finou en 2000. O seu fillo Anthony Loder esparexeu as súas cinzas nos bosques de Viena, de acordo co desexo da súa nai.
Ano | Filme |
---|---|
1930 | Geld auf der Straße |
1931 | Sturm im Wasserglas |
1931 | Die Koffer des Herrn O.F. |
1932 | Man braucht kein Geld |
1933 | Ekstase |
1938 | Algiers |
1939 | Lady of the Tropics |
1940 | I Take This Woman |
1940 | Boom Town |
1940 | Comrade X |
1941 | Come Live with Me |
1941 | Ziegfeld Girl |
1941 | H.M. Pulham, Esq. |
1942 | Tortilla Flat |
1942 | Crossroads |
1942 | White Cargo |
1944 | The Heavenly Body |
1944 | The Conspirators |
1944 | Noite na alma |
1945 | Her Highness and the Bellboy |
1946 | The Strange Woman |
1947 | Dishonored Lady |
1948 | Let's Live a Little |
1949 | Samson and Delilah |
1950 | A Lady Without Passport |
1950 | Copper Canyon |
1951 | My Favorite Spy |
1953 | The Lovers of Paris |
1957 | The Story of Mankind |
1958 | The Female Animal |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hedy Lamarr |
A Galicitas posúe citas sobre: Hedy Lamarr |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.