ornitólogo estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Harry Church Oberholser, nado o 25 de xuño de 1870 en Brooklin, Nova York, e finado o 25 de decembro de 1963 en Cleveland, Ohio, foi un ornitólogo estadounidense.
Ornitólogos no 13º Congreso da AOU (1894). Co nº 7, Harry Church Oberholser | |
Nome orixinal | Harry Church Oberholser |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xuño de 1870 Brooklin, Nova York |
Morte | 25 de decembro de 1963 Cleveland, Ohio |
Lugar de sepultura | Glendale Cemetery (en) |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | Columbia University George Washington University |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía |
Ocupación | ornitólogo |
Empregador | United States Fish and Wildlife Service Cleveland Museum of Natural History |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Oberholser |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Forrest Smith |
Harry Oberholser naceu o 25 de xuño de 1870, en Brooklyn, Nova York. Asistiu á Universidade de Columbia e obtivo en 1914 títulos na George Washington University. Casou con Mary Forrest Smith o 30 de xuño de 1914. Oberholser recibiu o doutoramento en 1916.[1]
Desde 1895 a 1941, foi empregado do United States Bureau of Biological Survey (Oficina de Investigación Biolóxica dos Estados Unidos) (máis tarde United States Fish and Wildlife Service (Servizo de Peixes e Vida Silvestre dos Estados Unidos) como ornitólogo, biólogo e editor.[1]
En 1941 foi nomeado conservador de ornitoloxía no Museo de Historia Natural de Cleveland.[1]
Oberholser foi o autor de varios libros e artigos. Morreu o 25 de decembro de 1963.[1]
A Oberholser débense as primeiras descricións de once familias e subfamilias na clasificación biolóxica, así como 99 xéneros e subxéneros, e 560 especies e subespecies.
Empidonax oberholseri, un paseriforme da familia dos tiránidos, foi nomeado na súa honra.[1]
A abreviatura Oberholser emprégase para recoñecer a Harry Church Oberholser como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.