inventora estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Harriet Ruth Brisbane Tracy, nada en Charleston, Carolina do Sur o 6 de decembro de 1834 e finada o 30 de maio de 1918, foi unha inventora estadounidense que patentou polo menos 27 inventos entre 1868 e 1915, incluíndo seis patentes de ascensores e 17 de máquinas de coser. A súa primeira patente foi a dun accesorio de berce para somieres. O seu ascensor patentado utilizouse na Exposición Universal de Chicago de 1893.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1834 |
Morte | 30 de maio de 1918 (83 anos) |
Actividade | |
Ocupación | inventora |
No seu obituario sinálase que tamén estaba "dotada como escritora de verso e prosa" e que colaboraba con frecuencia en "revistas e publicacións periódicas".
Harriet trasladouse a Nova Inglaterra antes de 1911. En 1860 casou con Cadwallader Colden Tracy (1830-1921),[3] un xogador de béisbol que fora membro dos Knickerbockers de Nova York en 1854.[4] Desde aproximadamente 1860 ata 1890 viviu en Staten Island, Nova York, na localidade de New Brighton. Tivo catro fillas.[5] Trasladouse cara a 1890 coa súa familia a París, Francia, e logo a Londres, Inglaterra.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.