![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f4/1977_Argentine_Grand_Prix_Binder.jpg/640px-1977_Argentine_Grand_Prix_Binder.jpg&w=640&q=50)
Hans Binder
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hans Binder (nado o 12 de xuño de 1948 en Zell am Ziller, Innsbruck) é un expiloto de Fórmula Un que competiu cos equipos Ensign, Wolf, Surtees e ATS.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1948 ![]() Zell am Ziller, Austria (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Austria ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un ![]() |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Pechar
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Gañou o Campionato Europeo de Fórmula Ford en 1972 e pasou á Fórmula 2 en 1976. Durante este ano correu no Gran Premio da súa casa e no GP do Xapón. En 1977 fichou polo equipo Surtees e tamén correu tres veces con ATS. Logo regresou a Surtees antes do final da tempada. En 1978 non puido cualificarse para o gran premio do seu país con ATS antes de desaparecer da escena da Fórmula Un.
O seu irmán Franz foi tamén piloto de carreiras e o seu sobriño René Binder competiu nas GP2 Series e o Campionato Alemán de Fórmula Tres.[1]