Hamilton, Nova Zelandia
cidade neozelandesa da rexión de Waikato From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade neozelandesa da rexión de Waikato From Wikipedia, the free encyclopedia
Hamilton é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia, cunha poboación estimada duns 169.300 habitantes (2018), o que fai dela a cuarta cidade máis grande do país, por detrás de Auckland, Wellington e Christchurch. A cidade está situada na rexión de Waikato, na beira do Lago Rotorua, a uns 130 quilómetros ó sur de Auckland.
Kirikiriroa (mi) Hamilton (en) | ||||
Epónimo | John Hamilton | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Reinos da Commonwealth | Nova Zelandia | |||
Rexión | Waikato | |||
Distrito | Hamilton City (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 176.500 (2020) (1.592,96 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 110,8 km² | |||
Altitude | 40 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 07 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | hamilton.govt.nz… |
Os primeiros misioneiros que visitaron a zona fixérono polo ano 1830. Unhas décadas despois, en 1863, cando os primeiros colonos occidentais se asentaron na zona, a maioría dos 3.400 maorís que vivían alí deixaron os seus fogares para loitar fronte ós británicos nas liortas que tiñan lugar mais ó oeste. Unha vez rematas as Guerras Maorís (1845-1872), comezou a construción do ferrocarril que xuntaba Hamilton con Auckland, inaugurado en 1877. Dous anos despois estreouse a primeira ponte sobre o río Hamilton, para unir Hamilton East con Hamilton West.
Aínda que a cidade naceu no seu tempo como un centro de servizos para unha rexión agrícola, co tempo acabou converténdose nunha cidade universitaria cuns 40.000 estudantes, na que ten moita importancia a investigación científica e tecnolóxica.
Actualmente Hamilton ten 3 universidades. A Universidade de Waikato inaugurouse en 1964, o Instituto de Tecnoloxía de Waikato en 1968, e a Te Wānanga o Aotearoa en 1993.
Os 203.400 habitantes da cidade son o 65'3% descendentes de europeos, o 19'9% maorís, o 10'6% descendentes de asiáticos orientais, e o resto son descendentes de diversas etnias do Pacífico, África, Oriente Medio, India etc.
Na cidade de Hamilton, ó igual que no resto do país, o rugby é o deporte mais importante. O Waikato Rugby Union disputa cada ano a ITM Cup (liga neozelandesa de rugby), acadando a vitoria nos anos 1992 e 2006. Por outra banda, os Waikato Chiefs compiten no torneo Super Rugby (máxima competición de rugby do Hemisferio Sur) dende 1996, acadando o subcampionato no ano 2009. Ámbolos dous equipos xogan como locais no Waikato Stadium, que pode acoller a 30.000 seareiros, e no cal se disputaron tres encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.