primeiro dedo do pé From Wikipedia, the free encyclopedia
O hallux é o nome científico do primeiro pododáctilo (primeiro dedo) do pé do ser humano (que recibe o nome vulgar de "dedo gordo do pé").[1][2][3]
En xeral, tamén se lle dá este nome ao primeiro dedo das patas traseiras dos vertebrados tetrápodes.
O hallux é o dedo correspondente ao dedo polgar, pollex ou pólice, nos membros superiores. Posúe, a diferenza dos outros dedos, dúas falanxes en lugar de tres.
O ser humano es o único primate no que o hallux está aliñado en paralelo co resto dos dedos, sendo este un factor clave para a locomoción bípede. Por iso, non é estraño que as malformacioóns, infeccións e outras patoloxías deste dedo, como os hallux valgus (xoanetes),[4] produzan un grande impacto para a calidade de vida do paciente e requiran de cirurxía correctora.
O dedo gordo tamén é un obxecto de atracción e prácticas sexuais para algúns individuos.
En anatomía comparada dos tetrápodes, hallux é o termo latino que designa ao dedo máis interno ou medial do pé. A identidade destes dedos e a súa diferenza cos dedos dos membros superiores puideron xurdir no curso da evolución simultaneamente coa aparición do quiridio nos vertebrados, probabelmente en primeiro lugar nos peixes ripidistios e rizodóntidos.
En varios animais, como nos homínidos (gorilas, chimpancés e orangutáns) e en varios marsupiais (como o coala) teñen o hallux opoñíbel aos restantes dedos, como o dedo polgar humano, ou matapiollos.[5]
Nas aves está oposto ao resto dos dedos do pé, para permitirlles suxeitárense firmemente ás pólas das árbores cando pousan nelas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.