From Wikipedia, the free encyclopedia
A Güiana Venezolana (en castelán Guayana venezolana) é unha ampla rexión natural que se encontra ao sueste do río Orinoco. Forma parte do macizo ou escudo güianés, que comparte con Güiana, Suriname, a Güiana Francesa e o Brasil, e que se estiende no territorio venezolano ao longo de medio millón de km², aproximadamente.
A Güiana venezolana, en termos xerais, é o territorio comprendido entre o río Orinoco e o río Esequibo (excluíndo case toda a conca hidrográfica do río Amazonas). Esténdese polos estados de Bolívar, Amazonas, parte do de Delta Amacuro e a zona en disputa da Güiana Esequiba, contando cunha extensión aproximada de 620.000 km² (incluíndo 159.500 km² da Güiana Esequiba).
En termos máis exactos, os seus límites naturais son os seguientes:
Na Güiana venezolana distínguen se no seu relevo dúas formacións xeolóxicas nítidamente diferenciadas:
A rexión ten un clima intertropical chuvioso no que non hai erdadeiras estacións en canto ás precipitacións, se exceptuamos unha pequena zona ao nordeste. As temperaturas dependen considerabelmente da altura, desde as máis cálidas das terras baixas, con medias anuais de 25 a 26 °C até as frías das mesetas máis elevadas (algo máis de 10 °C no Roraima), pasando polo clima case primaveral da Gran Sabana, sobre todo nas áreas por riba dos 1.200 msnm. As precipitacións son moi elevadas, especialmente no estado Amazonas e no suroeste do estado Bolívar, de até os 3.521 mm anuais.
A vexetación é de selva en case toda a rexión, con algunhas excepcións como é o caso da Gran Sabana, ampla zona situada ao sueste do estado Bolívar, onde existen algunhas bosques de galería e abundan as sabanas, máis por razóns edáficas (solos rochosos e areosos) que por motivos climáticos.
Ríos moi caudalosos e con ribeiras de pendentes bastante fortes, case todos eles afluentes do Orinoco, constitúen a nota distintiva da hidrografía da Güiana venezolana. Todos os afluentes do Orinoco pola súa marxe dereitaa, desde o seu nacemento até o delta, son ríos güianeses, entre os cales dstacan o río Ventuari, o Cuchivero, o Caura, o Aro e o Caroní.
Entre os ríos da Güiana venezolana que non forman parte da conca do Orinoco pódense citar o Casiquiare e o Cuiuní. O Casiquiare non é un afluente senón un efluente do Orinoco e, á súa vez, recibe pol súa marxe esquerda ao Siapa. O Casiquiare representa un caso único no mundo xa que, sendo un emisario natural do Orinoco, pon en comunicación, a través do río Negro, ás concas do Orinoco e do Amazonas. O Cuiuní, pola súa parte, co seu afluente o Venamo, diríxese cara ao Esequibo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.