Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O monte Roraima é o punto máis alto da cadea montañosa de Pacaraima, en América do Sur.[1] Foi descrito por primeira vez por un europeo durante unha expedición en 1595 polo explorador inglés Walter Raleigh. En 1884, fíxose a primeira ascensión, lidearada por Sir Everard im Thurn e acompañado por Harry Inniss Perkins e varios nativos güianeses.[2]A súa área de 31 km2[1] está rodeada por tódolos lados por cantís que acadan os 400 m de altitude. A montaña serve como trifinio de Venezuela, Güiana e o Brasil.[1] Raleigh soubo del polos pobos indíxenas que vivían na rexión antes da invasión europea do século XVI e XVII.
Tipo | montaña tepui | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Nacional Canaima, Parque Nacional do Monte Roraima e Monumento Natural Cadea de Tepuis Orientais | |||
Localización | ||||
Continente | América do Sur e América | |||
División administrativa | Uiramutã, Brasil | |||
| ||||
Cordilleira | Serra de Paracaima | |||
Características | ||||
Altitude | 2.810 m | |||
Prominencia topográfica | 2.338 m | |||
Material usado | Arenita | |||
Superficie | 50 km² | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Proterozoico | |||
Cronoloxía | ||||
1884 | primeira ascensión, ⇒ Everard im Thurn | |||
O monte Roraima atópase no escudo güianés, no recuncho sueste do Parque Nacional Canaima (30 000 km2), en Venezuela, formado o punto máis elevado das terras altas güianesas.
É o punto máis alto de Güiana e o punto máis alto do estado brasileiro de Roraima, mais Venezuela e o Brasil teñen montañas máis altas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.