Guntín, Bóveda
parroquia civil do concello de Bóveda / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Cristovo de Guntín é unha parroquia do concello de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 78 habitantes (43 homes e 35 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación: Aquelcabo, O Arroxo, Lama Redonda, Pardiñas, As Pedreiras e Vilar, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 116 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Guntín (homónimos).
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Guntín | |
---|---|
Concello | Bóveda[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°37′28″N 7°27′16″O |
Poboación | 71 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Limita coas parroquias de Tuimil e Laiosa ao norte, Ver e Mosteiro ao sur, Freituxe ao leste, e Bóveda ao oeste.