político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Gumersindo Lamas Alvar, nado en 1964, é un empresario e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Sarreaus | |
1991 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Sarreaus |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura de PPdeG á alcaldía de Sarreaus e foi elixido alcalde co apoio de Centristas de Galicia, pese a lograr tan só 1 concelleiro. Nas municipais de 1995 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019, acadou a alcaldía co 82% dos votos,[1][2] e nas eleccións de 2023, renovou a alcaldía[3] conseguindo 8 dos 9 concelleiros.
Durante as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, foi acusado de ceder o seu coche particular a un taxista xubilado para que achegase xente maior cara a un dos colexios electorais do municipio, unhas veces saíndo do coche co voto en man do PPdeG ou dándollo ao entrar no recinto da votación por parte dun dos apoderados do PP, incluído o propio Gumersindo. Estes feitos foron denunciados por un veciño do concello, que gravou todo o proceso, xunto cun representante do BNG.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.