Guerras dos Castores
From Wikipedia, the free encyclopedia
As guerras dos Castores (en mohawk: Tsianì kayonkwere), tamén coñecidas como guerras iroquesas ou guerras franco-iroquesas, son a denominación dunha serie de conflitos librados na segunda metade do século XVII no noroeste de Norteamérica. Alentados e armados polos seus socios comerciais ingleses e neerlandeses, os iroqueses tentaron expandir o seu territorio ó redor da rexión dos Grandes Lagos e monopolizar o comercio de peles que fornecía devandito produto ós mercados de Europa. Durante os conflitos enfrontaríanse as tribos da Confederación Iroquesa contra os colonos franceses e os seus aliados, principalmente pobos de fala algonquina.
Guerras dos Castores | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de guerras indias | |||||||
Rexión dos Grandes Lagos, escenario das guerras dos castores. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Iroqueses Apoiados por: Reino de Inglaterra, Provincias Unidas |
Huróns, erie, neutrais, odawa, ojibwe, mississaugas, potawatomi, algonquinos, shawnee, wenrohronon, mohicanos, innu, abnakis, miami, illiniwek, outras nacións aliadas con Francia Apoiados por: Reino de Francia Reino de Suecia | ||||||
Líderes | |||||||
Canaqueese, Deganaweida, Koiseaton | Anishinabee Hereditaries | ||||||
Forzas en combate | |||||||
4 500 soldados[3] | 20 000 guerreiros | ||||||
Baixas | |||||||
Elevadas | Elevadas |
As guerras foron extremadamente sanguinarias e considéranse un dos episodios máis sanguentos da historia de América do Norte.[4] A ampliación do territorio iroqués significou un reaxuste na xeografía étnica de Norteamérica, destruíndo grandes confederacións tribais como os huróns, neutrais, erie e conestoga, empuxando ás tribos orientais ó oeste do río Mississippi. O territorio do Ohio e a península inferior de Míchigan foron practicamente desposuídos dos seus pobos orixinarios, que fuxiron en calidade de refuxiados ó oeste. Non moito despois, ditas rexións foron repoboadas polos mesmos pobos, aínda que en xeral como repúblicas" indíxenas, no canto de homoxéneas e discretas "tribos".
As sociedades algonquina e iroquesas víronse profundamente afectadas por estes enfrontamentos. O conflito diminuíu a súa intensidade cando os iroqueses perderon ós seus aliados neerlandeses na colonia dos Novos Países Baixos, e co crecente desexo francés de ter ós iroqueses como aliados contra a invasión inglesa. Posteriormente, os iroqueses converteríanse en socios comerciais dos británicos, converténdose nun compoñente crucial da súa ulterior expansión empregando as conquistas iroquesas como unha pretensión sobre o Vello Noroeste.