Pobo algonquino
pobo indíxena de América do Norte / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os algonquinos[1] son un pobo indíxena de América do Norte que fala a lingua algonquina, unha variedade diverxente da lingua ojibwa, formando parte ámbalas dúas da familia de linguas algonquinas.[2] Cultural e lingüisticamente, están estreitamente relacionados cos ottawa e cos ojibwa, cos cales forman o grupo Anicinàpe (Anishinaabe). O pobo algonquino chámase a si mesmo omàmiwinini (en plural: omàmiwininiwak) ou de forma máis xeneralizada anicinàpe.
Datos rápidos Poboación, Canadá ...
Pobo algonquino | |
---|---|
Parella algonquina, nunha acuarela do século XVIII. | |
Poboación | |
Poboación total: 16 901 | |
Rexións principais: | |
Canadá | Quebec e Ontario |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua algonquina, inglés e francés |
Relixión | Midewiwin e cristianismo |
Grupos relacionados | Abnaki, innu, anicinàpek (nipissing, ojibwa, mississaugas, saulteaux, ottawa e potawatomi) |
Pechar