Grupo Eroski
empresa cooperativa española de distribución con sede en Elorrio, Biscaia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Grupo Eroski é unha empresa cooperativa española de distribución con sede en Elorrio, Biscaia. De orixe vasca, hoxe é propiedade duns 12.000 traballadores repartidos por toda España logo de 36 anos de actividade. Conta con ao redor de 1.600 establecementos de diferentes marcas.
Datos rápidos Eroski, Tipo ...
Eroski | |
---|---|
Tipo | Cooperativa |
Fundación | 1969 |
Matriz | Grupo Mondragón |
Localización | Elorrio País Vasco |
Persoas clave | Constant Da Costa (Presidente) Agustin Markaide |
Industria | Distribución |
Produtos | Alimentación, fogar |
Beneficio | 6 051 millóns € (2016) |
Número de empregados | 50.580 (2007) |
Na rede | |
http://www.eroski.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
É parte do grupo Mondragón Corporación Cooperativa. O nome Eroski é unha contracción das palabras en éuscaro erosi (comprar) e toki (lugar), traducible como "lugar onde comprar".
Dous aspectos son relevantes:
- A propiedade, da que son depositarios en igualdade de condicións uns 12.000 traballadores, con unha persoa un voto na Asemblea Xeral.
- Actúa desde a súa orixe coa reinversión permanente dos seus beneficios e destina o 10% dos resultados para o desempeño da Fundación Eroski[1], que vertebra a súa acción social en favor do consumidor e a información, o desenvolvemento sostible e a solidariedade.
O Consello de Administración está formado de modo paritario e elixido con renovación cada catro anos por representantes dos traballadores propietarios e dos consumidores socios.