![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/Bizkaia_municipalities_Elorrio.jpg/640px-Bizkaia_municipalities_Elorrio.jpg&w=640&q=50)
Elorrio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Elorrio é un municipio vasco da provincia de Biscaia, pertencente á comarca do Duranguesado. En 2014 tiña 7240 habitantes segundo os datos do INE. A extensión do municipio é de 37,40 km² polo que a densidade de poboación é de 194 hab./km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Biscaia | ||||
Comarcas | Duranguesado ![]() | ||||
Capital | Elorrio ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.292 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 37,4 km² ![]() | ||||
Altitude | 185 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1359 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Idoia Buruaga (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 48230 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 48032 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | elorrio.eus ![]() |
Esta vila foi fundada, en 1359 polo infante Tello de Castela, XX Señor de Biscaia e I de Aguilar de Campoo, en terreos do elizate de San Agustín de Etxeberria, que tiña asento e voto nas xuntas de Guendiaga do Meiriñado de Durango. En 1630 a vila de Elorrio anexionou o elizate de San Agustín de Etxeberria polo que esta saíu do meiriñado e constituír o actual municipio de Elorrio. Elorrio tiña o asento número 13 nas Xuntas de Guernica.
Aínda que o municipio mantén unha apreciable actividade industrial, o seu actual renome radica no seu extraordinario patrimonio monumental, especialmente rico en palacios e casas brasonadas e que subsistiu en gran medida. En tempos recentes, unha lexislación protectora e accións urbanísticas melloraron o aspecto do casco antigo e a conservación de moitos edificios.