revista cultural galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Grial, subtitulada Revista galega de cultura, é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.
De seguido se converteu nunha revista de prestixio, dentro e fóra do país, na que colaboraron xentes de todas as ideoloxías do galeguismo e que levou a cabo un labor tanto de estudio da realidade galega, como de información da cultura exterior, seguindo a filosofía aperturista da que xa temos falado. — (Ramón Piñeiro: Da miña acordanza).
Grial | |
---|---|
Capa do número 1 | |
País | España |
Lugar | Vigo |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1963 |
Primeira edición | 1963 |
Editorial | Editorial Galaxia |
Circulación | |
ISSN | 0017-4181 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Como antecedente da revista cabe lembrar a Colección Grial, publicada tamén por Galaxia en 1951 pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números[1], titulados: Presencia de Galicia, Pintura actual en Galicia, Presencia de Curros y Doña Emilia e Aspectos económicos e xurídicos de Galicia[2].
Entre 1952 e 1963, intentouse conseguir o permiso administrativo para volver publicar a revista, sen éxito. Soamente coa apertura, favorecida por Manuel Fraga, en 1963, se puido conseguir.[3]
Na revista Grial aparecen traballos de moitas personalidades relevantes do panorama cultural galego e internacional que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galiza, e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal empregando a lingua galega. Os grandes pensadores da cultura universal, apareceron en Grial grazas ás traducións realizadas polos colaboradores da revista, que se esforzaron en levar ao galego textos da cultura mundial de Le Corbusier, André Breton ou Baudelaire entre outros moitos.[4]
Os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego[5] ata o número 100. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores son Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo.
En xaneiro de 2021 Galaxia publicou en aberto (en formato PDF) os 156 primeiros números da revista e, en 2023, ampliou a oferta até o número 228.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.