Grazalema
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Grazalema é un municipio da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 2.227 habitantes. A súa extensión superficial é de 121 km² e dista 142 quilómetros da capital provincial, Cádiz. Cabe destacar que neste concello rexístranse máis de 1.962 mm de precipitación ao ano,[1] un valor pouco común para unha zona de clima mediterráneo. Atópase situado a unha altitude de 812 metros, na estrada que une Arcos de la Frontera con Ronda (na provincia de Málaga), aos pés da Serra do Pinar, dentro do Parque Natural Serra de Grazalema.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
Capital | Grazalema | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.002 (2023) (16,35 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 122,41 km² | ||||
Altitude | 812 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Carlos Javier García Ramírez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11610 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 11019 | ||||
Páxina web | grazalema.es |
En Grazalema e arredores encontráronse restos arqueolóxicos indicadores dunha certa actividade humana durante a prehistoria. Non obstante, a pesar dos vestixios de varias culturas anteriores, o prólogo histórico do lugar hai que datalo en tempos da colonización romana do Mediterráneo. Coas lexións de Escipión naceu a vila de Lacilbula na lomba do Clavijo, que era un recinto fortificado rodeado de casas residenciais. O nome desa poboación vincúlase á antiga denominación do Guadalete, río Cilbus.
As súas orixes son árabes, tal e como mostra o seu primoxénito nome, Gran Zulema, do cal provén o actual. En 1485 foi conquistada polo duque de Arcos. Tivo un grande auxe económico a partir do século XVII grazas á industria dos panos que producía a manta de Grazalema.
As súas actividades tradicionais son as agropecuarias, que van sendo progresivamente abandonadas pola escasa rendemento, tendo sido compensadas en gran medida polo turismo, vinculado á declaración do Parque Natural Serra de Grazalema.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.