![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c3/Granxa_en_Olveiroa_-_Dumbr%25C3%25ADa_-_Galiza.jpg/640px-Granxa_en_Olveiroa_-_Dumbr%25C3%25ADa_-_Galiza.jpg&w=640&q=50)
Granxa
terreo rural destinado á agricultura ou a gandaría / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha granxa[1] (do latín: granica = celeiro) é un terreo rural no que tradicionalmente se exerce a agricultura e gandería.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c3/Granxa_en_Olveiroa_-_Dumbr%C3%ADa_-_Galiza.jpg/640px-Granxa_en_Olveiroa_-_Dumbr%C3%ADa_-_Galiza.jpg)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Granxa (homónimos).
Unha granxa é unha parcela, incluíndo estruturas, dedicada principalmente á produción e á xestión de alimentos (produción de hortalizas, grans ou cría de gando), fibras, e cada vez máis, combustible. É a base na produción de alimentos. As granxas poden ser de propiedade e operados por unha soa persoa, unha familia, unha comunidade, unha corporación, unha empresa... As granxas poden ser de calquera tamaño, dende unha fracción de hectárea ata varios miles de hectáreas.