From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio do Canadá de 1999[1] (oficialmente o 1999 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 13 de xuño de 1999 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Quebec, Canadá. A carreira de 69 voltas foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1999. A carreira destacou polas catro colisións ocorridas na curva 13 e pola cantidade de veces que saíu o coche de seguridade. A curva 13, a chicana final, tivo catro choques distintos nos que un piloto abriuse ou trompeo contra o muro. Tres dos pilotos que chocaron alí, gañaran previamente o Campionato de Pilotos, o que levou a que o muro fose coñecido como "Wall of Champions" (o muro dos campións). O coche de seguridade foi despregado catro veces durante a carreira, un récord na época e foi a primeira carreira de F1 en rematar tras o coche de seguridade tras o grande accidente de Heinz-Harald Frentzen a catro voltas dofinal.[2]
Nome oficial | XXXVII Grand Prix Air Canada |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Canadá |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999 |
Distancia do evento | 69 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Gilles Villeneuve (Montreal) 45°30′02″N 73°31′21″O |
Lonxitude | 4,361 km |
País | Canadá |
Data | 13 de xuño de 1999 |
Competición | |
Primeiro posto | Mika Häkkinen |
Pole position | Michael Schumacher |
Volta máis rápida | Eddie Irvine |
.
Os pilotos dianteiros saíron da liña de saída de forma limpa, e Michael Schumacher mantivo o primeiro posto logo de comezar na pole por primeira vez en 1999. Jarno Trulli, que partía do noveno posto, saíu do circuíto intentando pasar Heinz-Harald Frentzen polo interior na primeira volta. Trulli trompeou na primeira curva, leándose por diante a Jean Alesi e Rubens Barrichello. Trulli e Alesi retiráronse e se despregou o coche de seguridade. Alexander Wurz tamén se retirou con problemas de transmisión.[3]
Ricardo Zonta retirouse na volta 3 despois de trompear no muro da curva 13. Parou xusto ao carón da pista, perdendo a súa roda traseira dereita, o que obrigou a saír ao coche de seguridade de novo. Zonta foi o primeiro dos catro pilotos que golpeou o "Muro dos Campións" nesta carreira. Na volta 15, Damon Hill converteuse no segundo piloto en golpear o muro da curva 13. Hill puido sacar o coche da pista nun lugar seguro e o coche de seguridade non saíu. Michael Schumacher bateu no muro na volta 30, deixando o liderado a Mika Häkkinen. O cuarto e último piloto en chocar contra o muro foi Jacques Villeneuve na volta 35, saíndo o coche de seguridade por terceira vez. Hill, Schumacher e Villeneuve eran tres dos catro pilotos campións do mundo de Fórmula 1 que competían na carreira.[4]
Na volta 41 reiniciar despois do accidente de Villeneuve, David Coulthard intentou pasar polo exterior a Eddie Irvine na primeira curva, e logopolo interior da segunda curva. Tocáronse e ambos trompearon. Ambos foron capaces de seguir, aínda que Coulthard tivo que poñer un morro novo. O cuarto e último coche de seguridade de carreira saíu na volta 66 despois de que Heinz-Harald Frentzen, que marchaba en segundo lugar, sufrira un fallo nos freos e tivera un grande accidente. Saíu ileso. O coche de seguridade retirouse ao final da última volta e Mika Häkkinen gañou a carreira.[3] Eddie Irvine logrou a súa primeira volta rápida[5] e rematou terceiro detrás de Giancarlo Fisichella.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Volta | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:19.298 | |
2 | 1 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:19.327 | +0.029 |
3 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:19.440 | +0.142 |
4 | 2 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:19.729 | +0.431 |
5 | 16 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 1:19.930 | +0.632 |
6 | 8 | Heinz-Harald Frentzen | Jordan-Mugen-Honda | 1:20.158 | +0.860 |
7 | 9 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 1:20.378 | +1.080 |
8 | 11 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 1:20.459 | +1.161 |
9 | 19 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 1:20.557 | +1.259 |
10 | 17 | Johnny Herbert | Stewart-Ford | 1:20.829 | +1.531 |
11 | 10 | Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 1:21.000 | +1.702 |
12 | 5 | Alessandro Zanardi | Williams-Supertec | 1:21.076 | +1.778 |
13 | 6 | Ralf Schumacher | Williams-Supertec | 1:21.081 | +1.783 |
14 | 7 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 1:21.094 | +1.796 |
15 | 18 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | 1:21.252 | +1.954 |
16 | 22 | Jacques Villeneuve | BAR-Supertec | 1:21.302 | +2.004 |
17 | 23 | Ricardo Zonta | BAR-Supertec | 1:21.467 | +2.169 |
18 | 12 | Pedro Diniz | Sauber-Petronas | 1:21.571 | +2.273 |
19 | 15 | Toranosuke Takagi | Arrows | 1:21.693 | +2.395 |
20 | 14 | Pedro de la Rosa | Arrows | 1:22.613 | +3.315 |
21 | 20 | Luca Badoer | Minardi-Ford | 1:22.808 | +3.510 |
22 | 21 | Marc Gené | Minardi-Ford | 1:23.387 | +4.089 |
Fonte:[6] | |||||
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 69 | 1:41:35.727 | 2 | 10 |
2 | 9 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 69 | +0.782 | 7 | 6 |
3 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 69 | +1.797 | 3 | 4 |
4 | 6 | Ralf Schumacher | Williams-Supertec | 69 | +2.392 | 13 | 3 |
5 | 17 | Johnny Herbert | Stewart-Ford | 69 | +2.805 | 10 | 2 |
6 | 12 | Pedro Diniz | Sauber-Petronas | 69 | +3.711 | 18 | 1 |
7 | 2 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 69 | +5.004 | 4 | |
8 | 21 | Marc Gené | Minardi-Ford | 68 | +1 volta | 22 | |
9 | 18 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | 68 | +1 volta | 15 | |
10 | 20 | Luca Badoer | Minardi-Ford | 67 | +2 voltas | 21 | |
11 | 8 | Heinz-Harald Frentzen | Jordan-Mugen-Honda | 65 | Freos/accidente | 6 | |
Ret | 5 | Alessandro Zanardi | Williams-Supertec | 50 | Freos | 12 | |
Ret | 15 | Toranosuke Takagi | Arrows | 41 | Transmisión | 19 | |
Ret | 22 | Jacques Villeneuve | BAR-Supertec | 34 | Accidente | 16 | |
Ret | 3 | Michael Schumacher | Ferrari | 29 | Accidente | 1 | |
Ret | 14 | Pedro de la Rosa | Arrows | 22 | Transmisión | 20 | |
Ret | 7 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 14 | Accidente | 14 | |
Ret | 16 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 14 | Dirección/accidente | 5 | |
Ret | 23 | Ricardo Zonta | BAR-Supertec | 2 | Trompo | 17 | |
Ret | 11 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 0 | Colisión | 8 | |
Ret | 19 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 0 | Colisión | 9 | |
Ret | 10 | Austria Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 0 | Transmisión | 11 | |
Fontes:[1][7] | |||||||
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1999 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1999 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1999 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1998 |
Gran Premio do Canadá | Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 2000 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.